Cargando ...
Concello de Lugo
18/12/14
BIBLIOTECA MUNICIPAL
Escoita esta páxina

BIBLIOTECA MUNICIPAL




INFORMACIÓN SERVIZOS COLECCIÓN ACTIVIDADES
SITUACIÓN CONSULTA EN SALA FONDO INFANTIL ANIMACIÓN A LA LECTURA
HORARIO INFORMACIÓN BIBLIOGÁFICA FONDO DE ADULTOS VISITAS ESCOLARES
ACCESO PRÉSTAMO PUBLICACIÓNS PERIODICAS Guías de lectura
CARNÉ DE LECTOR ACCESO A INTERNET FONDO MULTIMEDIA  
GALERÍA FOTOGRÁFICA   HEMEROTECA  
REGULAMENTO      


INFORMACIÓN

SITUACIÓN

A Biblioteca Municipal atópase no interior do Parque da Milagrosa, fronte ao Auditorio Municipal Gustavo Freire

Avda. da Coruña (Parque da Milagrosa) s/n
27003 Lugo
Tel. 982 29 74 15
Fax: 982 29 74 16
Correo electrónico: bibliotecamunicipal@concellodelugo.org

HORARIO

De luns a venres
Mañás: de 10,30 a 14 horas
Tardes: de 16,30 a 20 horas

Horario de verán: (Do 1 de xullo ó 15 de setembro)
Mañás de 9 a 14,30 horas

ACCESO

O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto. Para a utilización dalgúns dos servizos, como o préstamo a domicilio ou o de novas tecnoloxías, os usuarios deberán estar en posesión do carné  de lector.

Os menores de 9 anos que deberán acceder á Sala Infantil acompañados dunha persoa adulta.

CARNÉ DE LECTOR

O carné de lector é o documento que posibilita ó usuario o acceso a unha serie de servizos que ofrece a Biblioteca, como son o préstamo a domicilio, o uso de Internet, o préstamo en sala de algúns fondos, etc.

O carné de lector é persoal e intransferible.

Requisitos para a súa obtención:

  • Dúas fotos recentes tamaño carné
  • Fotocopia dun documento oficial (DNI, Pasaporte ou Carné de conducir). No caso de persoas que no teñan a nacionalidade española é necesaria a presentación do Permiso de Residencia ou Pasaporte.
  • Cubrir o no mostrador da Biblioteca.

Os menores de 14 anos deberán presentar a autorización firmada por un pai/mai ou titor/a. É necesario mostrar o DNI ou pasaporte para recoller o carné.

O cambio de domicilio ou teléfono por parte do titular do carné de lector debe comunicarse á Biblioteca. A non actualización de este dato supoñerá a anulación do carné. En caso de perda, o usuario deberá comunicalo de inmediato á biblioteca para evitar que se faga un uso indebido do mesmo.

REGULAMENTO

Os usuarios da biblioteca han de espetar as normas da mesma. No caso contrario poderáselles impedir o seu acceso.

  • Absterse de realizar calquera conducta que puidera perturbar a lectura e a consulta.
  • Non alterar a orde dos documentos nas estanterías. Para elo deberán depositar os documentos utilizados na sala no contenedor habilitado para este uso.
  • Manipular os documentos con coidado. En caso de deterioro o usuario estará obrigado a repoñer o documento.
  • Os menores de 9 anos deberán en todo momento estar acompañados dun adulto. En ningún caso a biblioteca asume a custodia e a responsabilidade do control dos menores de idade.
  • Non se permite introducir na biblioteca alimentos nin bebidas.
  • Silenciar os teléfonos móbiles.

SERVIZOS

CONSULTA EN SALA

Este servizo ofrécese de maneira simultánea nas dúas salas da biblioteca. As salas distribúense da seguinte maneira:

  • Sala Infantil (Planta baixa)
  • Sala de Adultos (Primeira planta)

Os materiais obxecto de consulta van dende obras de referencia ata documentos específicos das distintas áreas do coñecemento, e en diversos formatos —libros, CD, CD-ROM, DVD, etc.

INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA

Co fin de facilitar ao lector o acceso á Biblioteca e o uso dos seus fondos,  ofrece aos seus usuarios información sobre:

  • Normas de uso da Biblioteca e a localización dos diferentes servizos.
  • Utilización dos fondos bibliográficos.
  • Uso e utilización do OPAC (catálogo en liña de la Biblioteca), bases de datos en CD-. ROM, acceso a Internet...
  • Buscas bibliográficas sobre as distintas materia a través de diversas fontes como o catálogo automatizado, fondo de referencia, Internet ou bases de datos.

 

PRÉSTAMO

O servizo de préstamo ofrece ó público de forma totalmente gratuíta, a posibilidade de lectura e consulta nos seus domicilios de materiais de diverso tipo por un período de tempo preestablecido dende as distintas seccións da Biblioteca. A utilización deste servizo supón a aceptación por parte do usuario das normas de préstamo

Poderán beneficiarse do Servicio de Préstamo de obras todas as persoas que posúan o Carné de lector da biblioteca. O Carné de Lector da opción á utilización da sección de préstamo da sala correspondente. Os menores de 14 anos en posesión do carné infantil non poderán levar documentos en préstamo da sala de adultos.

Poderán retirarse un máximo de 3 obras en total. O período de préstamo é de:

  • 15 días no caso dos libros, renovables por outro período de 15 días, a non ser que outro lector fixese reserva do mesmo exemplar.
  • 7 días no caso de documentos multimedia (CD-Audio, DVD, CD-Rom), sen posibilidade de renovación.

Documentos obxecto do préstamo

Serán obxecto de préstamo os documentos existentes na Biblioteca, excepto os que se enumeran a continuación:

  • Os exemplares únicos ou aqueles que sexan difíciles de repoñer.
  • As obras de referencia: enciclopedias, diccionarios, etc.
  • As publicacións periódicas.

RESERVAS

  • Se poderán reservar os documentos prestados, ata un total de dous, solicitándoo ao persoal da sala. Se a devolución do libro prodúcese antes de concluír o período de préstamo, a biblioteca comunicará ó usuario a dispoñibilidade do libro.
  • Os documentos reservados serán custodiados pola Biblioteca durante dous días e transcorrido o prazo serán inmediatamente reintegrados as estanterías. Non se fan reservas dos documentos audiovisuais.

ACCESO A INTERNET

A Biblioteca dispón de tres PCs equipados con Internet situados na sala de adultos os cales utilízanse previa reserva (por períodos de 1 hora como máximo). En eles o usuario poderá conectarse a Internet, crear documentos de Word, consultar o seu correo, etc.

Poden acceder a este servicio todos os usuarios da Biblioteca, previa presentación do carné de lector. A utilización deste servizo supón a aceptación das normas específicas. Normas para a utilización de Internet

COLECCIÓN

FONDO INFANTIL

Esta sala dispón dun fondo bibliográfico xeral e especializado adecuado ás necesidades dos nenos e nenas ata os 14 anos, e clasificado segundo as idades recomendadas.

O fondo divídese en:

Para os máis pequenos

  • Atópanse nunha sala independente destinada a que os pais acudan cos nenos. A colección divídese por grupos de idade: ata 3 anos, e de 3 a 5 anos. Consta de:
    • Libros infantís organizados en catro seccións: Primeiras lecturas, A vida dos nenos, Primeiros coñecementos e Libros para ler en compañía.
    • Materiais audiovisuais: películas, vídeos didácticos, discos, xogos de ordenador...

Para lectores infantís

  • Divididos en grupos De 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 14. Consta de:
    • libros de consulta: enciclopedias, diccionarios e una selección de libros das distintas materias, adecuados a realización de consultas e traballos escolares na biblioteca.
    • Obras de literatura infantil e xuvenil, cómics, publicacións periódicas...

FONDO DE ADULTOS

A biblioteca conta con todos os seus fondos de acceso directo. Na mesma sala atópanse:

  • Sección de referencia: comprende todo tipo de material de rápida consulta: diccionarios, enciclopedias, anuarios, atlas., etc.
  • Fondo destinado ó préstamo a domicilio, constituído por documentos de tódalas materias, tanto de ficción como de non ficción, organizados segundo a Clasificación Decimal Universal.

FONDO MULTIMEDIA

Sección de Audiovisuais conta cunha colección de vídeos, DVD, CD e CD-ROM que poden consultarse na propia Biblioteca ou levarse en préstamo a domicilio.

 

  • VIDEOTECA
    • Películas cinematográficas
    • Cine documental
    • Material didácticos
  • FONOTECA
    • Discos de música clásica, pop, jazz, música galega, bandas sonoras de películas, etc.

HEMEROTECA

  • Prensa local e galega.
  • Periódicos de distribución nacional.
  • Publicacións periódicas de información xeral e especializadas en diversas materias: literatura, arte, informática, deportes, cultura, natureza, ciencia, etc.
  • Boletíns oficiais

ACTIVIDADES

ANIMACIÓN Á LECTURA

PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA E CONTACONTOS

VISITAS ESCOLARES

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA DA IGUALDADE

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova