Logotipo
Inicio > Empresas > AMSLab

Logo AMS Lab

AMSLab

Información

 

AMSlab é un laboratorio especializado no uso da espectrometría de masas acoplada á cromatografía líquida (LCMSMS). Estamos equipados con alta tecnoloxía que nos permite realizar diferentes análises e abordar problemas en sectores tan diferentes como o agroalimentario, o medioambiental, o clínico, o químico e o farmacéutico. Adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes.

Na nosa empresa dispoñemos dunha ampla experiencia no uso da tecnoloxía LCMSMS, poñéndoa ao servizo dos nosos clientes. Traballamos baixo estritas normas de calidade ofrecendo fiabilidade e confidencialidade a todos os niveis.

Dispoñemos de 6 liñas de servizos dirixidas aos seguintes sectores:
·        Agroalimentario: análise de residuos de medicamentos veterinarios e contaminantes orgánicos, análise nutricional, etc.
·         Medioambiental: análise de residuos e contaminantes orgánicos, etc.
·         Clínico-Forense: TDM, biomarcadores, drogas de abuso, etc.
·         Farmacéutico: análise de impurezas, ADME, DMPK, etc.
·        Químico-Cosmético: análise de materias primas, principios activos, etc.
·        Consultoría: validación e posta a punto de métodos analíticos.


Enderezo: Avda. Benigno Rivera, 56 27003 LUGO

Tlf: 982808074

Web: http://www.ams-lab.com/

Email: infoarrobaams-lab.com


[ Volver ]

Centro de empresas e innovación