Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| O Concello participa nos actos do Día Mundial sen Tabaco |

31-05-11

| A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participou hoxe nos actos con motivo do Día Mundial sen Tabaco, que se desenvolven baixo o lema “Lugo sen malos fumes”. |

Foto.jpg Foto.jpg

Durante a mañá instalouse unha carpa na Praza Maior, atendida por profesionais, para achegarlles os cidadáns para obter información sobre os perigos que supón para a saúde o consumo de tabaco, así como as alternativas e tratamentos para deixar de fumar.

Pola tarde, terán lugar dúas conferencias. O médico Antón Penas Truque e a psicóloga da AECC Rosa Zas falarán sobre “O profesional sanitario e o seu papel na cesación tabáquica” ás 19.00 no salón de actos da Escola de Enfermería. E ás 20.30, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra a Presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos Ana Prieto dará outra conferencia titulada “Por se aínda non o sabes, o tabaquismo é unha enfermidade”.

Os actos do Día Mundial sen Tabaco foron organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Lugo e a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade.

Pode descargar o programa en PDF 1.2 MB

 

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h