O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de recadar fondos para os seus clubs deportivos.
Neste evento participarán máis de 200 persoas, entre os modelos e os 12 equipos que serán presentados esa noite.
A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 22 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo. O prezo das entradas é de 6 euros con vale desconto e 8 euros a normal.
Esta asociación de mozos foi fundada en 1990 e conta con 200 socios, todos vinculados ao mundo do deporte e en especial ao baloncesto, actividades de lecer e tempo libre. Durante o desfile, terá lugar a presentación dos novos equipos de baloncesto C.B. Sagrado Corazón e C.P. Maristas.
Para esta actividade contan coa colaboración de diversos establecementos de roupa e complementos da cidade. Ademais se levarán a cabo diversos sorteos de camisetas do CB Breogán, do Ensino, Azkar, e CD. Lugo. Ademais, o público asistente poderá disfrutar con dúas actuacións de Break Dance.
O Concelleiro agradeceu á asociación o esforzo que está a facer ano tras ano por promover a práctica do deporte da cidade, principalmente entre os máis mozos.