Inicio > Proxectos > PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )


PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

Imaxen asociada a nova

QUE É O PROXECTO URBAN (INICIATIVA URBANA)?

O Proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) é un programa financiado polo Concello de Lugo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, dedicado á posta en marcha de estratexias innovadoras de rexeración económica e social de zonas urbanas mediante un enfoque integrado e que favorezan un desenvolvemento urbano sostible.

O Ministerio de Economía e Facenda aprobou un proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) para Lugo o pasado 11 de xuño de 2008, cun cofinanciamento do 70% da Unión Europea cuxa finalidade é o desenvolvemento integrado do centro histórico da cidade no seu ámbito coincidente coa área PEPRI.

CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS?

O obxectivo xeral do Proxecto URBAN é a rexeneración económica e social do centro histórico a través dun programa integrado que implique un aproveitamento dos recursos endóxenos da cidade, centrándose na rehabilitación, intervención en espazos públicos e a revitalización comercio-turismo dende unha perspectiva de sostenibilidade e participación cidadá.

Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos:
              Revitalización comercial do centro histórico, aproveitando os recursos endóxenos da cidade
              Revitalización demográfica da zona URBAN
              Promover a creación de empresas e a xeración de emprego
              Humanizar a cidade e mellorar a súa habitabilidade
              Mellorar a oferta cultural e social dirixida especialmente aos mozos
              Ofrecer maiores posibilidades profesionais aos mozos titulados
              Favorecer a relación Administración- Universidade- Empresa 
              Favorecer a inclusión social dos colectivos desfavorecidos

Web do proxecto: http://www.lugo.es/urban/




Concello de Lugo