O Proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) é un programa financiado polo Concello de Lugo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, dedicado á posta en marcha de estratexias innovadoras de rexeración económica e social de zonas urbanas mediante un enfoque integrado e que favorezan un desenvolvemento urbano sostible.
O Ministerio de Economía e Facenda aprobou un proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) para Lugo o pasado 11 de xuño de 2008, cun cofinanciamento do 80% da Unión Europea cuxa finalidade é o desenvolvemento integrado do centro histórico da cidade no seu ámbito coincidente coa área PEPRI.
O obxectivo xeral do Proxecto URBAN é a rexeneración económica e social do centro histórico a través dun programa integrado que implique un aproveitamento dos recursos endóxenos da cidade, centrándose na rehabilitación, intervención en espazos públicos e a revitalización comercio-turismo dende unha perspectiva de sostenibilidade e participación cidadá.
Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos:
Guía en galego (arquivo PDF 1.2 MB)
Guía en castelán (arquivo PDF 1.2 MB)
Guía en inglés (arquivo PDF 1.2 MB)
Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana