PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

AXUDAS A NOVAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS

En agosto de 2010 iniciouse a primeira convocatoria de axudas do Proxecto URBAN do Concello de Lugo dirixidas á implantación de novas actividades económicas na zona URBAN. Trátase de subvencións á inversión a fondo perdido en locais baleiros do centro histórico sempre que se xere novo emprego. Tendo en conta que os índices de desemprego feminino son superiores aos do desemprego masculino, apoiase de forma máis intensa os investimentos que impulsen a creación de postos de traballo ocupados por mulleres en aplicación do principio de igualdade de oportunidades. Tamén se apoian os traslados de empresas dende os viveiros da cidade (do propio Concello, da CEL e da Cámara de Comercio).

Con esta liña de axudas apoiaronse 21 emprendedores que realizaron unha inversión no centro histórico de 317.500,76 ¤ e crearon 28 novos empregos dos cales 17 están ocupados por mulleres.

Neste apartado, teñen á súa disposición toda a información sobre a convocatoria das axudas para o ano 2014 que se poden solicitar ata o 27 de xuño de 2014.

Máis información:

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana