PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

REPAVIMENTACIÓN E CANALIZACIÓNS RÚA NOVA

A empresa CAMINA INGENIERIA, S.L. foi a encargada de redactar o proxecto para a repavimentación e canalizacións na rúa Nova. As obras consisten na renovación do adoquín e a execución de canalizacións para a eliminación do cableado que agora discorre polas fachadas e incluso a cruza de forma aérea.
Para organizar os traballos e informar aos veciños afectados, tiveronse dúas xuntanzas cos comerciantes da rúa e tiveronse en conta as súas suxestións para iniciar as obras unha vez finalizado o mes forte de rebaixas. A empresa que executa as obras, Construcciones Sanle Lugo, S.L non puxo ningunha dificultade para adaptarse ás peticións do comercio. Esta actuación ten un prazo de execución de tres meses.

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana