A liga este ano estivo disputada basicamente entre dous equipos; o Dezportas A de Lugo e o Afer Formación de Rábade, a dúbida do liderato resolveuse coa ampla victoria por 4-0 no penúltimo partido da xornada que disputaron ambos equipos.
O Clube Deportivo Dezportas Lugo T.M., conta actualmente con dous equipos federados, e uns obxectivos moi definidos de cara á próxima tempada:
1.- Creación dun terceiro equipo federado.
2.- Ascenso do primeiro equipo de segunda a primera división galega.
3.- Ascenso do segundo equipo de tercera a segunda división galega.
4.- Creación e posta en marcha dunha escola deportiva de Tenis de Mesa.
Sobre este último punto, pesa o gran obxectivo e ilusión do Clube Dezportas, xa que significa despertar na nosa cidade, nos nosos nenos/as inquedanza, pasión e con entrenamento destreza por este deporte.