Enviar amigo
Imprimir
A asociaciĆ³n
A asociación
A asociación
ALCER LUGO é unha entidade sen ánimo de lucro que loita por mellorar a calidade de vida dos enfermos renais.
A labor que estamos a desenvolver pódese dividir en cinco grandes áreas de traballo:
- Promoción e información sobre a doazón e transplante de órganos, que se realiza principalmente a través das seguintes actividades:
- Día do Donante. (4 de xuño)
- Día Internacional do Transplante. (8 de marzo)
- Conferencias sobre a doazón e transplante de órganos en todas aquelas entidades que o soliciten (asociacións, centros de ensino,etc)
- Mesas para a captación de socios e doantes.
- Xestión do servizo de taxi para enfermos de hemodiálese, que se fai en colaboración co SERGAS e coa Asociación de taxistas dedicados ao transporte sanitario.
- Creación e coordinación do Servizo de Atención Integral ao Paciente, que consiste en prestar información de tipo social, psicolóxico e nutricional aos enfermos renais e aos seus familiares. Na actualidade para este servizo contamos coa colaboración dunha traballadora social e esta prevista tamén levar a cabo un programa de asesoramento nutricional específico que contará coa colaboración dunha persoa experta.
- Información e asesoramento sobre as enfermidades renais, servizo que se presta a través da distribución de publicacións específicas así como a organización anual das xornadas sobre enfermidades renais.
- Organización e promoción de actividades de ocio e tempo libre para os enfermos renais e os seus familiares. Na asociación consideramos o factor psicolóxico como un dos factores que máis se deben ter en conta á hora de mellorar a calidade de vida dos enfermos renais, polo que tratamos de fomentar as relacións interpersoais entre enfermos e familiares. Organizamos xuntanzas, excursións, viaxes, obradoiros... Tratamos de promover hábitos de vida saúdables mediante obradoiros de risoterapia, ximnasia, traballos manuais... de xeito que mellorando o noso estado de ánimo de seguro estaremos máis fortes para afrontar a enfermidade.