-->
cartel


espacio Gañadores 2009 espacio Participantes espacio espacio Sorteos espacio Foro
GAÑADORES DO 5º CONCURSO DE TAPAS

O xurado do quinto Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, visitou os oito establecementos finalistas e tras a degustación das súas tapas, concedeu as seguintes distincións:

Premios de votación polo xurado Tapa e Establecemento Foto
1º premio de tapa creativa Solombo de porco, touciño real, San Simón e cervexa negra

RESTAURANTE PAPRICA
fotografía da tapa
2º premio de tapa creativa Milfollas de bacallau e verduriñas con tomate confeitado e xerminados

RESTAURANTE CAMPOS
fotografía da tapa
1º premio de tapa tradicional Carrilleira de porco con pataca e viño da Ribeira Sacra

A TABERNA DO ESPAÑA
fotografía da tapa
2º premio de tapa tradicional Fardelo Mareiro

RESTAURANTE MANUEL MANUEL
fotografía da tapa
Tapa que mellor marida co viño da D.O. Ribeira Sacra ou que mellor o usa como ingrediente Carrilleira de porco con pataca e viño da Ribeira Sacra

A TABERNA DO ESPAÑA
fotografía da tapa

O xurado de expertos que elixiu ós catro gañadores desta edición estivo composto por:

  • Patricia Cuevas - Directora do CSHG.
  • Benigno Campos, cociñeiro do programa TVG Larpeiros.
  • Tomás Alonso Rodríguez – xornalista presentador do programa da TVG Larpeiros.
  • José María Martínez Alonso (Pepe Veiro), membro do panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, ademais da Denominación de Orixe de Valdeorras e do Ribeiro.
  • Enrique Cobos - Director do departamento de cociña IES Sanxillao.

Ademais dos premios arriba expostos, establécese un premio por cada modalidade, Tapa Creativa San Froilán e Tapa Tradicional San Froilán, premio que elixe o público que visita os establecementos co seu voto (vía internet a través das páxinas web www.lugo.es ou www.lugoturismo.com ou a través dos cupóns de votación dispoñibles en cada establecemento).

Os gañadores deste ano son os que seguen:

Premios de votación popular Tapa e Establecemento Foto
Premio de tapa creativa Segredo de vieira

MESÓN DA PELUSIÑA
fotografía da tapa
Premio de tapa tradicional Fardelo Mareiro

RESTAURANTE MANUEL MANUEL
fotografía da tapa
Concello de Lugo