Actualidade

Mércores, 22 de maio de 2024
Cristina López anuncia o programa da Semana dos Cemiterios Europeos no Cemiterio Municipal San Froilán

As actividades comezarán o 26 de maio e rematarán o domingo 2 de xuño

Haberá visitas teatralizadas a cargo de Achádego Teatro, guiadas á zona patrimonial e unha xornada de intercambio cultural coa Memoria Viva da Lingua

 
Mércores, 22 de maio de 2024
O avance das obras de peonalización do Centro Histórico obriga a cambiar a circulación de saída do recinto amurallado

Previsiblemente xa dende a próxima semana, os vehículos, que poderán seguir entrando por Bispo Odoario e rúa do Teatro, volverán á Rolda da Muralla por Quiroga Ballesteros, rúa San Froilán e San Fernando.

O tráfico en rúa Nova quedará restrinxido exclusivamente para residentes e camións da adxudicataria dos traballos na contorna de Montevideo.

Debido ao incremento da superficie nova pavimentada, que cómpre protexer, non poderán transitar pola zona, salvo casos excepcionais previamente autorizados, vehículos que superen os 3.500 kg. Os de maior tonelaxe deberán acceder polo resto de entradas habilitadas.

Mércores, 22 de maio de 2024
Deportes renova as canastras e porterías nas pistas do Sagrado Corazón e Galegos

A área que dirixe Jorge Bustos investiu 3.500 euros nestas dotacións para dar resposta ás demandas dos usuarios, mellorando unhas pistas moi empregadas pola veciñanza.

As actuacións enmárcanse no Plan Dinámico de Intervención que puxo en marcha o Goberno Local para conservar e modernizar as instalacións deportivas do municipio.

Martes, 21 de maio de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos validará mañá en Xunta de Goberno a delimitación para declarar como ERRPa Milagrosa e o Barrio Feijoo

A aprobación deste documento é o trámite previo á súa remisión á Xunta, o que permitirá a Concello e particulares concorrer ás seguintes convocatorias de fondos para a rehabilitación de vivendas.

Neste senso, a alcaldesa de Lugo apremiou ao Goberno galego a abrir canto antes unha nova convocatoria de axudas para actuar nestes barrios, onde a propiedade de máis de 350 vivendas amosou o seu interese en solicitalas.

A rexedora, xunto a técnicos de GAU, manterá un encontro este xoves coa veciñanza da contorna para explicarlles o contido da memoria e as iniciativas que o Concello pretende levar a cabo no espazo público.

Martes, 21 de maio de 2024
Alvarellos destaca a modernización do corpo da Policía Local “máis eficiente e mellor preparado”, durante a celebración da súa festividade

A rexedora presidiu os actos de conmemoración da patroa do Corpo, María Auxiliadora, que incluiron un acto institucional no Vello Cárcere e a entrega de condecoracións.

Alvarellos trasladou o seu agradecemento aos axentes e membros da Policía Local polo seu labor diario “que contribúe a acadar unha cidade máis segura”.

Así mesmo, destacou o compromiso da Alcaldía para dotar ao Corpo dos recursos necesarios para que realicen o seu cometido nas mellores condicións.

Martes, 21 de maio de 2024
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o torneo de xadrez Festa Final, que se celebrará o vindeiro 2 de xuño

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o torneo de xadrez Festa Final, que se celebrará o vindeiro 2 de xuño.

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levron adiante un ciclo de actividades ao longo de todo o curso escolar para promocionar o xadrez nas rúas e nos centros de ensino.

Ferreiro: "como actividade paralela ao torneo, haberá actividades de promoción do xadrez ao longo de todo o mes de xuño no centro da cidade".

Luns, 20 de maio de 2024
A rexedora Paula Alvarellos presidirá este martes os actos de conmemoración da Festividade da Policía Local de Lugo

A xornada incluirá un acto institucional no Vello Cárcere e a entrega de condecoracións.