Nos últimos anos, no desenvolvemento do servizo de protocolo adquiríu especial trascendencia pública a celebración dos matrimonios civís, pois este servizo é o responsable da tramitación e organización das vodas que se celebren no Concello. De tódolos xeitos, as funcións do servizo de Protocolo son bastante máis extensas:
- Recepción de visitas de autoridades e personalidades que pola súa representación merezan un trato especial.
- Velar polo cumprimento, das tradicións e costumes que teñan arraigo no ámbito local ou territorial.
- Colaboración con outras entidades, organismos e institucións públicas.
- Despacho e recepción da correspondencia oficial (saúdas, felicitacións).
- Celebración de matrimonios civís, que serán oficiados polo Alcalde ou concelleiro no que se delegue.
José M. Santiso Fernández
Tfno. 982 297 132
Fax 982 297 104
Correo electrónico: jose.santiso@concellodelugo.org