Hoxe, mércores 29 de agosto de 2012, publícanse as listas definitivas das persoas admitidas e excluídas para participar no proceso selectivo para a cobertura de 32 bolsas formativas do proxecto "MURALLA DIGITAL" . As devanditas bolsas están relacionadas cos obradoiros de dixitalización que o Concello de Lugo vai desenvolver no marco do devandito proxecto, o cal está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da 2ª convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).