Actualidade

Martes, 07 de maio de 2024
Paula Alvarellos participa na gravación dun documental sobre a construción en madeira en Europa co Impulso Verde como exemplo

O audiovisual está promovido pola fundación holandesa Built by Nature, unha das entidades promotoras da rede Mass Madera á que pertence o Concello de Lugo.

Martes, 07 de maio de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos supervisa as tarefas de acondicionamento do circuíto municipal Jorge Prado como sede do campionato do Mundo de Motocrós

Os traballos realizados na dotación inclúen a adecuación dos accesos, a instalación da infraestrutura para a xestión de residuos, parte do subministro eléctrico para as tarefas auxiliares e o desbroce de toda a contorna.

“Grazas a iniciativa do Goberno local de facer realidade este circuíto, Lugo será capital mundial do motocrós coa consecuente dinamización da nosa economía en termos de afluencia turística e consumo asociado a este evento”, sinalou Alvarellos.

A rexedora valorou o compromiso do Club Motopark como responsables da xestión do circuíto Jorge Prado por proporcionar un escenario de clase mundial.

Luns, 06 de maio de 2024
A VI Media Maratón Cidade de Lugo reunirá o domingo a preto dun milleiro de participantes, co apoio do Concello

Jorge Bustos e Ana Abelleira participaron este luns na presentación do evento, que contará con dúas modalidades: unha proba de 10 quilómetros e outra de 21.

“Este evento, xunto coa disputa do campionato do Mundo de motocrós este fin de semana, farán que Lugo sexa epicentro e capital do deporte”, destacou Bustos.

Luns, 06 de maio de 2024
Alvarellos convida á cidadanía a celebrar este xoves o Día de Europa na Praza Maior a través das actividades deseñadas polo centro Europe Direct

“Este día bríndanos a oportunidade perfecta para reflexionar sobre os valores que compartimos como europeos e para celebrar a nosa diversidade única”, apuntou a rexedora.

A programación incluirá a actuación dun DJ, talleres infantís, mesas informativas, sorteos de agasallos e un desfile de moda sostible con deseñadoras lucenses.

Luns, 06 de maio de 2024
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 3 ao 5 de maio/24.

Venres, 03 de maio de 2024
A semana que vén a Praza do Ferrol contará con novo mobiliario urbano deseñado baixo parámetros inclusivos para favorecer a diversidade de usos

A remodelación complétase con 58 bancos de catro tipoloxías distintas cuxa localización pretende xerar áreas de estancia que favorezan a socialización interxeracional e o seu deseño posibilitará que sexan empregados por persoas con mobilidade reducida.

Unha porcentaxe destes elementos serán colocados en zonas de sombra xeradas polo arboledo co obxectivo de atenuar as altas temperaturas durante o período estival mentres que outros se sitúan en zonas que reciben radiación solar durante o inverno.

En total haberá 42 estruturas colectivas fabricadas en madeira e aceiro con respaldo, 9 individuais do mesmo material e 7 de formigón branco sen suxeición dorsal de maior versatilidade.

Venres, 03 de maio de 2024
O Arde Lvcvs 2024 contará con oito postos para a promoción e difusión de empresas interesadas na Rúa Quiroga Ballesteros

A finalidade é crear un novo espazo de recreación histórica dentro da festividade, que semelle as vías de mercado que existían na antiga Roma.

“Detectamos un interese crecente por parte das empresas por poder ter presenza nesta cita de proxección internacional, de aí esta innovadora iniciativa”, destacou Jorge Bustos.

O prezo de saída de cada parcela, de 3x2 metros cadrados, é de 1.000 euros e o prazo de presentación de ofertas xa se atopa aberto ata o vindeiro 24 de maio.

Así mesmo, Bustos informou que nos vindeiros días se publicarán os adxudicatarios dos 18 postos do Macellvm da Praza Maior que se atopaban vacantes e que o Concello ofertou.