Actualidade

Martes, 28 de maio de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos avanza no plan de acción nas parroquias rurais do municipio

Ana González Abelleira explica que se están a cubrir demandas e necesidades co fin de mellorar servizos e crear vida social nestes núcleo.

A petición da veciñanza se están a instalar bancos en As Pedreiras, Frigsa e Piugos, despois de restaurar mobiliario en desuso.

Luns, 27 de maio de 2024
A nova alcaldesa de Lugo retoma as conversas co IGVS e a Xunta para avanzar nos proxectos de Casa Torre, Dona Urraca e a permuta de parcelas en O Castiñeiro

“Como veño sostendo desde que asumín o cargo de alcaldesa, a miña man sempre estará tendida para colaborar con todas as administracións co claro obxectivo de lograr o progreso de Lugo”, sinalou a rexedora.

En relación ao intercambio de terreos, Alvarellos avanzou que o Concello propuxo unha serie de superficies de titularidade municipal para que poidan ser avaliadas pola Xunta co obxectivo de concretar un acordo pronto.

O proxecto de Dona Urraca e o de Casa Torre atópanse en distintas fases de tramitación administrativa, polo que os tres organismos acordaron unha folla de ruta para  avanzar de forma simultánea nestas dúas iniciativas.

Sábado, 25 de maio de 2024
The Real Mckenzies, referente mundial no punk folk, traerá o seu potente directo ao Arde Lucus o día 15, na Praza Horta do Seminario

O grupo canadense é coñecido polo seu directo enérxico e divertido e por mesturar o rock coa música tradicional escocesa, cun importante protagonismo da gaita.

Con esta ambiciosa aposta, o Executivo de Paula Alvarellos busca que a música se converta nun importante reclamo dentro do programa de actividades do Arde Lucus.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, explica que esta banda é das máis admiradas da escena internacional e encaixa á perfección no ambiente festivo do Arde Lucus.

Venres, 24 de maio de 2024

“É preciso sinalar que a memoria histórica non se trata simplemente de lembrar o pasado, senón de confrontalo de maneira honesta e reflexiva. Consideramos polo tanto necesario avanzar na consolidación e o cumprimento desta norma”, sinalou a voceira municipal.

“Promover o respecto polos dereitos humanos, a tolerancia e o pluralismo é esencial para construír unha sociedade sólida e resistente aos extremismos e autoritarismos”, concluíu González Abelleira.

Venres, 24 de maio de 2024
A penúltima proba do Circuíto Corre con Nós reunirá a máis de 650 atletas mañá na contorna do Pazo de Feiras e Exposicións

Para a categoría de adultos, o percorrido de asfalto e terra descorrerá por Fermín Rivera, a Ponte Romana, o paseo fluvial do Miño, entorno do Palomar e estrada de Orbazai.

Tanto a saída como a meta estarán situadas baixo a pasarela fluvial e a proba se desenvolverá entre as 17.00 e as 18.30 horas para as distintas categorías.

Venres, 24 de maio de 2024
Jorge Bustos mostra o seu apoio aos equipos lucenses de fútbol sala que disputan este sábado play-offs de ascenso no Municipal

O edil de Deportes pide á afección lucense que encha o pavillón, “para unha cidade como Lugo é moi importante contar con equipos deportivos na elite”, destacou.