Actualidade

Luns, 13 de maio de 2024
Paula Alvarellos mantén un encontro cunha delegación comercial de Cuba para reforzar os vínculos e a cooperación entre ambas rexións

A rexedora, acompañada do edil de Dinamización Económica, recibiu no Salón de Plenos do Concello a unha parte da delegación que visitará durante os próximos días a provincia.

Alvarellos destaocu “o potencial de Lugo no sector agrogandeiro e turístico, ambos de gran importancia tamén para o país cubano” e puxo en valor as empresas lucenses.

Domingo, 12 de maio de 2024
Rubén Arroxo anuncia novas renovacións da rede de alumeado público municipal

Estase a traballar na renovación das luminarias da contorna da rúa Conde e na rúa Sanxillao.

Rubén Arroxo: "damos un paso na mellora da eficiencia enerxética de Lugo, garantindo un alumeado púbolico útil e eficiente cun baixo custo para o Concello".

Domingo, 12 de maio de 2024
Rubén Arroxo entrega no HULA unha serie de bonos do bus urbano destinados aos servizos sociais do hospital

Arroxo: "facilitamos a mobilidade das persoas con menos recursos que teñen que acudir ao HULA".

O Tenente Alcalde animou a toda a veciñanza a utilizar o bus para desprazarse ao HULA, "que agora ten conexión con todos os barrios da zona urbana".

Domingo, 12 de maio de 2024
Cristina López asiste en Gundivós á xornada de Olería 'Conciencia dunha tradición'

A xornada organízase dentro da exposición de pezas que se pode visitar no Vello Cárcere ata o 17 de maio.

Domingo, 12 de maio de 2024
Cristina López asiste ás xornadas informativas sobre a vespa velutina organizadas pola AGA

A campaña “Convives ou Combates. Ti elixes” tivo lugar esta fin de semana en Lugo co apoio da área de Participación do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Venres, 10 de maio de 2024
Lugo celebra o centenario de Ulises xunto con outras 18 cidades europeas entre as que se atopan París, Berlín ou Estambul, e outras

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentaron a programación do último ano desta celebración xunto con Branca Novoneyra.

"Imos poñer a Lugo no mapa europeo e damos este paso xunto a 17 urbes, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, colaborando coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY" afirmou Ferreiro.

Venres, 10 de maio de 2024
Paula Alvarellos presenta o spot promocional do Arde Lvcvs co que o Concello quere dar a coñecer a festa “en todos os rincóns do planeta”

A rexedora, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos presentou no Pazo dos Deportes ante a afición breoganista o vídeo promocional da XXIII edición da festa.

Fixérono coa axuda de Máximus, a mascota do CB Breogán, e acompañados dun druida e un cónsul, en representación das asociacións de recreación histórica da cidade.

O spot poderá visionarse nas pantallas de Correos de Lugo, Barcelona, Madrid, Marbella, Valencia, Bilbao, Zaragoza, Tarragona, León, Oviedo e Gijón.

Venres, 10 de maio de 2024
O Concello prepara un dispositivo especial de seguridade con motivo da celebración este domingo da media maratón Cidade de Lugo

O Executivo de Paula Alvarellos deu a coñecer hoxe o Plan de Tráfico para esta competición deportiva que terá lugar o vindeiro domingo.

Entre as limitacións figura, ademais do corte dalgunhas rúas, o peche do estacionamento do edificio do Seminario durante a mañá.