Logotipo
Inicio > Noticias > Axudas para proxectos de titorización de inno...

Axudas para proxectos de titorización de innovación e competitividade nas pemes

24/01/2011

Proxectos de titorización de innovación e competitividade nas pequenas e medianas empresas consistentes en titorías presenciais en pemes, para orientar o negocio e a xestión da empresa de cara á innovación e á mellora da competitividade, mediante a inmers

REQUISITOS DO PROXECTO

As pemes solicitantes presentarán unha proposta de necesidades de titorización do seu negocio, establecéndose nun máximo de 100 horas de consultoría de titorización, sendo polo menos o 50% das horas de presenza na empresa.

  • Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, medioambiental.
  • O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
  • Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.
PRAZO DE EXECUCIÓN DE PROXECTOS:

30 de setembro de 2011

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: O prazo de presentación desta subvención finaliza o 31 de xaneiro de 2011.

IMPORTE SUBVENCIONABLE:

Ata un máximo de 100 horas de consultoría. Subvencionase ata o 75%.

DOCUMENTOS RELACIONADOS:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion