Logotipo
Inicio > Novas > Convocatoria dos Premios Emprendedor XXI.

Convocatoria dos Premios Emprendedor XXI.

18/03/2013

La Caixa convoca a nova edición dos Premios Emprendedor XXI, unha iniciativa impulsada por “La Caixa” e co-outorgada por ENISA (Empresa Nacional de Innovación).

Na edición de 2013, os emprendedores participantes poden aspirar a un total de 41 premios, nos que se valoran principalmente a súa traxectoria no mercado e os fitos acadados.

Establecéronse dúas categorías para poder participar, unha dirixida a proxectos en fases iniciais con menos de 2 anos no mercado (categoría “emprendes”), e outra para empresas innovadoras xa consolidadas no seu sector ou cunha traxectoria entre 2 e 7 anos (categoría “creces”).

Nunha primeira fase, preseleccionaranse 24 empresas, destas, nove serán finalistas e obterán o acceso ao programa de acompañamento para emprendedores. A maiores, optarán aos premios económicos de maior dotación: 150.000 euros para as tres mellores empresas de cada sector de actividade , é dicir, 50.000 euros para cada emprendedor.

Máis información en…


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion