Logotipo
Inicio > Novas > Convocatoria de axudas ás microempresas

Convocatoria de axudas ás microempresas

17/09/2014

 Convocatoria de axudas ás microempresas como apoio a novas inversións e fomento da creación de emprego.

null

 Quen pode ser beneficiario destas subvencións?

Poderán solicitar esta liña de axudas as microempresas (segundo a definición de recollida na Recomendación da Comisión 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, DOL 124, 20-05-2003, son as empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros) independentemente da súa forma xurídica (incluíndo comunidades de bens) que desenvolvan a súa actividade (teñan o seu domicilio fiscal) dentro do municipio de Lugo, excluída a zona URBAN (ámbito do PEPRI do núcleo histórico).

Quen non pode ser beneficiario destas subvencións?

As Microempresas:

Que operen en sectores excluídos da normativa minimis.
Nas que concorra algunha das circunstancias establecidas na Ley General de Subvenciones.
Cuxa actividade unicamente consista no aluguer de local para o desenvolvemento doutra actividade económica.

Os locais nos que se desenvolva unha actividade non prevista na normativa urbanística vixente para esa situación.

Cales son os gastos subvencionables?
Concederanse axudas a fondo perdido para:

A. INVESTIMENTO. Activos fixos novos da seguinte natureza (será necesario realizar polo menos unha contratación das que se indican no seguinte apartado cunha duración mínima de 6 meses):

Obras necesarias para o desempeño da actividade (non se financia a adquisición de inmobles).
Maquinaria e ferramenta.
Mobiliario.
Equipamento informático de sobremesa, aplicacións informáticas directamente vinculadas coa actividade e o desenvolvemento da web corporativa ata un máximo de 4.000 €.
Outro inmobilizado material destinado a local no que se desenvolve a actividade, incluíndo rótulos comerciais.

B. GASTOS CORRENTES. Gastos de persoal (excluída a seguridade social a cargo da empresa) derivados das contratacións de persoas desempregadas con máis de tres meses de antigüidade como demandantes no servizo público de emprego de Lugo (empadroados en Lugo), pertencentes a algún dos seguintes colectivos: discapacitados, minorías étnicas, mulleres vítimas de violencia, parados de longa duración (máis dun ano de antigüidade como demandante), mozos (menores de 25 anos) sen experiencia laboral previa e persoas maiores de 45 anos. Os contratos deberán ter unha duración de mínima de 6 meses e iniciarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 28 de febreiro de 2015. Estimarase como importe subvencionable o salario mínimo interprofesional vixente á data 1 de xaneiro de 2014.

Cal é o importe da axuda?
Poderá ser de ata o 50% do total dos gastos considerados subvencionables (IVE excluído).
Aos proxectos promovidos polo menos por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%.

Cada empresa beneficiaria poderá recibir unha axuda máxima de 10.000€, na Iiña A (investimentos).

En virtude dos límites impostos pola normativa minimis, a axuda recibida non poderá supoñer que o importe total de axudas deste tipo recibidas durante un período de tres anos sexa superior ao límite de 200.000 €, agás as axudas ás empresas que operan no sector transporte nas que este límite será de 100.000 €.

Cal é o prazo de presentación de solicitudes?
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado do Anexo I no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, Ronda da Muralla n° 197 en horario de 9 a 14 horas (de luns a venres). no prazo de 20 días a contar desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 17 de setembro.

O formulario pode obterse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo e na páxina web www.luqo.es

Cal é o prazo para xustificar a axuda?
No período comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 30 de setembro de 2015.


BASES,1.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion