Actualidade

Luns, 29 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos explora novas liñas de colaboración cos socios da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, participou ao longo do pasado fin de semana na Asemblea da AEFR, celebrada en Linares, Xaén, onde relizou un traballo de promoción da festa e creou novas sinerxias.

“Estamos a xerar alianzas estratéxicas con outros eventos de recreación histórica, co obxectivo de promover a participación destes colectivos en próximas edicións do Arde Lvcvs”, sinalou o concelleiro.

Estas colaboracións buscan enriquecer a oferta cultural e turística de ambas as partes, así como fomentar o intercambio de experiencias e coñecementos entre as diferentes celebracións deste tipo en toda España.

Domingo, 28 de abril de 2024
A Tenencia de Alcaldía colabora coas actividades do Conservatorio de Danza de Lugo polo seu 20º aniversario

Maite Ferreiro: "continuamos a traballar na difusión da danza e das artes do movemento cunha nova colaboración coas escolas lucenses".

O auditorio Gustavo Freire acollerá un concurso coreográfico a con mostras da obra de Doris Humphrey e José Limón e un encontro de centros de danza.

Domingo, 28 de abril de 2024
Continúa a renovación do alumeado público con novas actuacións na Milagrosa e nas Gándaras

Renováronse as luminarias da rúa Menorca e da praza da Milagrosa, e na rúa Venancio Senra e a súa contorna, instalando LED, o que supón un importante.

Rubén Arroxo: "seguimos traballando na mellora da eficiencia enerxética de Lugo, garantindo un alumeado púbolico útil e eficiente".

Sábado, 27 de abril de 2024

Maite Ferreiro: "as actividades pretenden amosar as labores propias dos hortos e sumar coñecementos da cultura tradicional galega".

Sábado, 27 de abril de 2024
As obras de Santo Domingo entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza

Deste xeito, e co obxectivo de que poidan continuar os distintos usos desta concorrida zona, a circulación desviarase por un carril provisional paralelo á fachada do Convento de San Domingo en dirección a San Marcos.

O tránsito peonil discurriá paralelo a este carril de circulación. A zona para peóns será delimitada cunha liña amarela na calzada co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos traseuntes e axilizar o tránsito vehicular.

A saída de vehículos do recinto histórico realizarase, como o vén facendo desde inicio das obras, por Rúa San Marcos, Rúa Bolaño Rivadeneira e Rúa Nova.

Venres, 26 de abril de 2024
Rubén Arroxo e Alexandre Penas asisten á xuntanza de xubilados de Telefónica que se celebra en Lugo

A xuntanza contou con medio millar de traballadores de Telefónica de todo o estado.

Arroxo animou a visitar a exposición do centenario de Telefónica que se pode ver no Vello Cárcere e inclúe fotografías retrospectivas de Lugo, aparellos telefónicos e mostras da evolución dos sistemas.

Venres, 26 de abril de 2024
Os traballos de Adif na estación ferroviaria afectarán temporalmente a un tramo da rúa Río Mosa e a unha parcela de Montero Ríos

Estes traballos implicarán a ocupación dalgunhas prazas de aparcamento existentes, ao redor dunhas 20, o que supón algo menos do 40% das existentes nesa parcela.

Ademais será necesario cortar un tramo duns 30 metros da rúa Río Mosa que discorre pegado á vía, ainda que os accesos as fincas desta zona queda garantido desde Camiño da Chanca, Montero Ríos e San Eufrasio.

En previsión da diminución temporal de aparcadoiro na contorna da estación ferroviaria por mor do proxecto de edificación da nova intermodal, o Goberno local habilitará novos estacionamientos na zona.

Venres, 26 de abril de 2024
Así resume Paula Alvarellos os seus primeiros 100 días de goberno: “Escoitar, traballar e mellorar”

A rexedora fixo un balance moi postivo “porque mesmo os aspectos negativos resultan ser un aprendizaxe proveitoso”.

Alvarellos Fondo agradeceu ao funcionariado a súa implicación e destacou “a súa vontade propositiva para converter as dificultades que xorden na xestión diaria en solucións en beneficio de toda a cidadanía”.

Desde a súa chegada á Alcaldía puxéronse a dispor do ADIF os terreos para comezar a obra da Intermodal, iniciose a cesión de terreos para a nova comisaria da Policía Nacional, regularizouse a situación das terrazas e avnzouse no modelo de xestión do auditorio.

Ademias, neste primeiro trimestre de ano se resolveron máis de 400 licenzas e títulos habilitantes que promoveron un volume de negocio estimado na cidade de 22 millóns de euros.