Actualidade

Martes, 21 de maio de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos validará mañá en Xunta de Goberno a delimitación para declarar como ERRPa Milagrosa e o Barrio Feijoo

A aprobación deste documento é o trámite previo á súa remisión á Xunta, o que permitirá a Concello e particulares concorrer ás seguintes convocatorias de fondos para a rehabilitación de vivendas.

Neste senso, a alcaldesa de Lugo apremiou ao Goberno galego a abrir canto antes unha nova convocatoria de axudas para actuar nestes barrios, onde a propiedade de máis de 350 vivendas amosou o seu interese en solicitalas.

A rexedora, xunto a técnicos de GAU, manterá un encontro este xoves coa veciñanza da contorna para explicarlles o contido da memoria e as iniciativas que o Concello pretende levar a cabo no espazo público.

Martes, 21 de maio de 2024
Alvarellos destaca a modernización do corpo da Policía Local “máis eficiente e mellor preparado”, durante a celebración da súa festividade

A rexedora presidiu os actos de conmemoración da patroa do Corpo, María Auxiliadora, que incluiron un acto institucional no Vello Cárcere e a entrega de condecoracións.

Alvarellos trasladou o seu agradecemento aos axentes e membros da Policía Local polo seu labor diario “que contribúe a acadar unha cidade máis segura”.

Así mesmo, destacou o compromiso da Alcaldía para dotar ao Corpo dos recursos necesarios para que realicen o seu cometido nas mellores condicións.

Martes, 21 de maio de 2024
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o torneo de xadrez Festa Final, que se celebrará o vindeiro 2 de xuño

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o torneo de xadrez Festa Final, que se celebrará o vindeiro 2 de xuño.

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levron adiante un ciclo de actividades ao longo de todo o curso escolar para promocionar o xadrez nas rúas e nos centros de ensino.

Ferreiro: "como actividade paralela ao torneo, haberá actividades de promoción do xadrez ao longo de todo o mes de xuño no centro da cidade".

Luns, 20 de maio de 2024
A rexedora Paula Alvarellos presidirá este martes os actos de conmemoración da Festividade da Policía Local de Lugo

A xornada incluirá un acto institucional no Vello Cárcere e a entrega de condecoracións.

 
Luns, 20 de maio de 2024

O evento, organizado pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, terá lugar os días 24, 25 e 26 de maio e reunirá a uns 30 expositores.

Alvarellos: “Ademais de ser unha cita que porá en valor os nosos produtos autóctonos e as creacións artesás, trátase dunha das feiras urbanas máis importantes de Galicia”.

Entre as novidades desta vixésimo cuarta edición destaca unha degustación de becerreo ao espeto, así como un maior número de espectáculos musicais e verbenas.

Sábado, 18 de maio de 2024
 As rúas de Lugo énchense de Cultura polo día das Letras Galegas

A programación do día das Letras Galegas incluíu un concerto da agrupación Claustro Música e diversas actividades polo centenario de Ulises e a Feira do Libro.

Sábado, 18 de maio de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos acometerá a renovación integral do parque infantil situado na rúa Gallego Tato

A actuación contará cun investimento municipal de 90.000 euros e suporá a instalación de novos xogos, así como dun novo pavimento de caucho con revestimento decorativo.

Miguel Fernández: “Esta actuación enmárcase no compromiso do Goberno Local coa coa creación de espazos seguros e de lecer para o desenvolvemento dos máis pequenos”.

Xoves, 16 de maio de 2024
O Concello establece en 140 persoas o aforo máximo dos bailes do Centro Cívico Milagrosa

A alcaldesa, Paula Alvarellos e a edil de Benestar, Olga López, reunironse esta tarde co colectivo para informalo, de primeira man, da nova organización da actividade.