Actualidade

Sábado, 25 de maio de 2024
The Real Mckenzies, referente mundial no punk folk, traerá o seu potente directo ao Arde Lucus o día 15, na Praza Horta do Seminario

O grupo canadense é coñecido polo seu directo enérxico e divertido e por mesturar o rock coa música tradicional escocesa, cun importante protagonismo da gaita.

Con esta ambiciosa aposta, o Executivo de Paula Alvarellos busca que a música se converta nun importante reclamo dentro do programa de actividades do Arde Lucus.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, explica que esta banda é das máis admiradas da escena internacional e encaixa á perfección no ambiente festivo do Arde Lucus.

Venres, 24 de maio de 2024

“É preciso sinalar que a memoria histórica non se trata simplemente de lembrar o pasado, senón de confrontalo de maneira honesta e reflexiva. Consideramos polo tanto necesario avanzar na consolidación e o cumprimento desta norma”, sinalou a voceira municipal.

“Promover o respecto polos dereitos humanos, a tolerancia e o pluralismo é esencial para construír unha sociedade sólida e resistente aos extremismos e autoritarismos”, concluíu González Abelleira.

Venres, 24 de maio de 2024
A penúltima proba do Circuíto Corre con Nós reunirá a máis de 650 atletas mañá na contorna do Pazo de Feiras e Exposicións

Para a categoría de adultos, o percorrido de asfalto e terra descorrerá por Fermín Rivera, a Ponte Romana, o paseo fluvial do Miño, entorno do Palomar e estrada de Orbazai.

Tanto a saída como a meta estarán situadas baixo a pasarela fluvial e a proba se desenvolverá entre as 17.00 e as 18.30 horas para as distintas categorías.

Venres, 24 de maio de 2024
Jorge Bustos mostra o seu apoio aos equipos lucenses de fútbol sala que disputan este sábado play-offs de ascenso no Municipal

O edil de Deportes pide á afección lucense que encha o pavillón, “para unha cidade como Lugo é moi importante contar con equipos deportivos na elite”, destacou.

 
Venres, 24 de maio de 2024
Paula Alvarellos destaca a necesidade de promover unha cidadanía comprometida e solidaria na apertura da mostra ‘Destino Igualdade’

A exposición se enmarca nos proxectos de sensibilización social financiados polo Concello, con cargo as subvencións a ONGDs impulsadas dende a Área de Benestar.

Organizada pola Fundación Vicente Ferrer, conta historias de superación de mulleres na India e en España, para promover o liderado feminino.

Xoves, 23 de maio de 2024
Lugo consolídase como capital do graffiti coa celebración do terceiro Urban Cores, que culminará o embelecemento das Casas Sindicais

O evento terá lugar do 27 de maio ao 2 de xuño, e o obxectivo do Concello é pechar as intervencións neste barrio, cunha obra final na fachada da rúa Portugal coa rúa Quiroga.

O edil de Xuventude destaca que “nesta zona xa se realizaron catro murais que mudaron a faciana do barrio, co apoio da veciñanza, moi ilusionada con este novo proxecto”.

Nesta terceira edición do certame, o artista guineano Eusebio Nsue será o encargado de intervir a fachada, ademais de asistir a un intercambio de experiencias entre artistas.

Xoves, 23 de maio de 2024
O Impulso Verde acollerá as oficinas da empresa municipal de vivenda e solo, Evislusa, que disporá da súa sede neste pioneiro edificio

A alcaldesa informou que “nas vindeiras semanas iniciarase o traslado coa idea de que antes do verán o persoal xa poida estar plenamente operativo nestas modernas instalacións”.

A decisión foi xa comunicada persoalmente por Paula Alvarellos ás e aos traballadores de Evislusa.

Dentro do espazo que o inmoble tiña reservado a coworking, o edificio albergará unha das iniciativas vinculadas ao Plan de Sostibilidade Turística, unha lanzadeira emprendedora coa que impulsar proxectos innovadores neste sector.