CAMPAMENTO MILITAR ARDE LVCVS MMIX

 

Normas para a participación

Descargar as normas: Campamento Militar, normas en pdf

Con motivo da celebración do Arde Lucus MMIX, dende a Concellería de Xuventude queremos facilitar ás asociacións e grupos particulares a posibilidade de participar activamente no "Campamento Militar" que os días 26, 27 e 28 de xuño se instalará no Carril das Estantigas.

Para poder participar neste "Campamento", deberán seguirse as seguintes normas

  • 1.As asociacións ou persoas interesadas poderán instalar as súas tendas do 26 ao 28 de xuño. A decoración das mesmas, así como o restante material decorativo, deberá corresponderse coa época e temática do Arde Lucus.
  • 2.A asociación ou o grupo deberá estar caracterizado en todo momento, evitando o uso de obxectos que desentoen coa época representada (calzado deportivo, vaqueiros,...).
  • 3.A Concellería de Xuventude colocará seguridade privada no espazo habilitado para o "Campamento Militar" en horario nocturno. Nembargante, recoméndase a presenza permanente dalgunha persoa da asociación ou grupo, así como non deixar obxectos de valor, xa que o Concello non se fará responsable de posibles pérdidas ou sustraccións.
  • 4.Non se poderá colocar ningún tipo de publicidade que non se corresponda coa das empresas patrocinadoras do Arde Lucus MMIX e neste caso deberá ser acorde a época e aprobada pola Concellería de Xuventude
  • 5.O "Campamento" comezará a montarse o xoves 25 de xuño, debendo estar completamente instalado o venres 26 ás 14:00 horas. A súa recollida comezará o domingo 28 ás 21:00 horas, debendo estar o solar despexado antes das 10:00 horas do martes 30 de xuño.
  • 6.Seguiranse as indicacións dadas dende a Concellería de Xuventude para o desenvolvemento desta actividade. O incumprimento destas normas conlevará a exclusión.

As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude por rexistro do Concello antes do 5 de xuño de 2009, indicando:

  • - Datos da Asociación ou particulares interesados/as.
  • - As características da tenda ou das instalacións que se desexen colocar no "Campamento", detallando os metros necesarios, a descrición dos elementos físicos e un croquis da súa colocación.
  • - Número de persoas que forman parte do campamento.
  • - As actividades que se desenvolverán, sexan particulares ou cooperativas (abertas ao público).

A Concellería de Xuventude atenderá a todas as solicitudes que cheguen dentro do prazo de inscrición, polo que se poderían limitar os espazos concedidos para dar cabida a todos os/as solicitantes. No caso de non ser posíbel, seguirase rigoroso orde de inscrición.