Museo Interactivo del Museo de Lugo
Axenda Cultural

Actividades e exposicións celebradas no MIHL.

Contidos: 1  Exposición colectiva e multidisplinar "Nosoutras"
2  Exposición "Nosotros" de Carlos Montero
3  Exposición Visións de Lugo 2001-2014. Cadros Premiados no Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo
4  Exposición About Women. Proxecto Internacional de Arte Postal sobre a Muller
5  Exposición As persoas con discapacidade na vida cotiá
6  Catas Literarias do MIHL
7  Exposición Entre cores e soños - Exposición antolóxica da pintura de Carlos Bóveda
8  Exposición artística multidisciplinar 8MIHL
9  Exposición Olería Tradicional de España: Medidas do viño
10  Exposición fotográfica das zonas polares
11  Simon Norfolk. Genocidio, Paisaje, Memoria.
12  ‘Conmemoración do Día Internacional dos Museos’
13  ‘25 anos de arte sonora e pedagóxica en Lugo’
14  Ciclo de Música Contemporánea "MIHLsons-XXI"
15  Exposición EUCEMET “Cemiterios Europeos: Xardíns de almas, Diversidade e Patrimonio”
16  Conmemoración do XII Aniversario da Declaración da Muralla de Lugo Patrimonio Mundial.
17  Exposición "A obra elixida: artistas galegos dos últimos 30 anos"
18  Exposición "Dípticos que crean dualidades"
Exposición "Dípticos que crean dualidades"
 
Exposición Dípticos que crean dualidades

Dende o venres 8 de setembro de 2017 e ata o venres 29 de setembro de 2017 pódese visitar a exposición de fotografía das alumnas e alumnos do "2º Taller de iniciación á fotografía" impartido por Alfredo Bongianni no local "El bigote de la Gioconda".

Exposición colectiva e multidisplinar "Nosoutras"
 
Exposición Nosoutras

Dende o sábado 7 de marzo de 2015 e ata o mércores 6 de maio de 2015 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición colectiva e multidisplinar "Nosoutras".

Nosoutras nace co obxectivo de promover a difusión da arte feminina en todas as súas formas e disciplinas, a través de exposicións, feiras, encontros, talleres e espectáculos artísticos orixinais, creado por mulleres que comparten a misión da nosa comunidade: inspirar mulleres e nenas a que utilicen o seu talento para difundir e celebrar a existencia da súa propia mirada.

Exposición "Nosotros" de Carlos Montero
Exposición Nosotros

Dende o xoves 5 de febreiro de 2015 e ata o martes 31 de marzo de 2015 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición “Nosotros” de Carlos Montero.

Unha exposición coas obras de Carlos Montero, un pintor lucense que tamén é arquitecto, pero que constrúe os seus cadros cos materiais da máis carnal e verdadeira humanidade. Un perfecto dominio do debuxo e un potente colorido caracterizan a súa obra, que se ten definido como realismo fantástico, como expresionismo. De feito, aínda que este lugués sexa tamén arquitecto de profesión, como pintor non parece que sexa un pintor-arquitecto, nin menos un arquitecto-pintor.

Trátase dunha pintura fortemente narrativa, unha pintura que conta historias ás veces complexas, historias que o espectador recibe nun golpe de vista e vai despois desentrañando fragmento a fragmento nunha contemplación demorada: os cadros de Carlos Montero teñen unha certa propiedade hipnótica que captura a atención e nos obriga a mirar figura a figura, detalle a detalle, procurando todos os compoñentes e todas as relacións entre os personaxes e as cousas.

Exposición Visións de Lugo 2001-2014. Cadros Premiados no Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo
Exposición About Women

Dende o mércores 7 de xaneiro de 2015 e ata o sábado 31 de xaneiro de 2015 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición Visións de Lugo 2001-2014.

Trátase da exposición Visións de Lugo 2001-2014 que está composta por 40 cadros premiados no certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de Lugo.

Será a primeira vez que se reúnen todas as obras gañadoras do certame que se atopan distribuídas por diferentes instalacións do Concello e que formarán parte dun percorrido ao longo de catorce anos que ilustran a cidade dende diferentes puntos de vista.

Todas elas presentan matices moi diferenciados tanto en técnica como en estilo, pero todas teñen como nexo común a rapidez de execución e os diferentes espazos da cidade de Lugo. Un agasallo para a vista e para a imaxinación.

Exposición About Women. Proxecto Internacional de Arte Postal sobre a Muller
Exposición About Women

Dende o luns 22 de decembro de 2014 e ata o sábado 28 de febreiro de 2015 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición About Women. Proxecto Internacional de Arte Postal sobre a Muller.

Trátase dunha exposición de postais de todo o mundo adicadas exclusivamente a mulleres. Esta mostra está realizada por Katia Muñoz dentro do Proxecto Art-esencia.

A exposición componse de máis de 1.500 postais que son obra de 500 artistas de todo o mundo nas que se reflicte dende distintos puntos de vista o universo feminino. Esta exposición, que abre as súas portas hoxe en Lugo, é froito dun proxecto internacional que puxo en marcha o Colectivo Feminino Proxecto Art-Esencia.

Exposición As persoas con discapacidade na vida cotiá
MIHL

Dende o 6 de novembro de 2014 e ata o 30 de novembro de 2014 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición fotográfica As persoas con discapacidade na vida cotiá.

A mostra, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para a Integración na Comunidade (Inico) coa colaboración de Down e o Concello de Lugo está composta por 55 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade dende a perspectiva dos seus propios protagonistas, familiares, persoal de apoio e por suposto o fotógrafo que realiza a instantánea.

A intención desta exposición é conseguir imaxes positivas que permitan a reflexión, empatía e identificación co mundo da discapacidade e contrubuír á normalización e romper cos estereotipos que perseguen a este colectivo. As instantáneas forman parte dunha selección específica realizada entre os mellores traballos presentados ao Concurso Internacional de Fotografía Dixital organizado pola Fundación Grupo Norte e INICO e que recibe anualmente máis de mil fotografías procedentes de todo o mundo.

Catas Literarias do MIHL
MIHL

As Catas Literarias do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) son unha nova iniciativa na que se mesturan boa literatura, gastronomía lucense e música. Esta nova actividade terá lugar sistematicamente o primeiro xoves de cada mes, agás que cadre festivo que entón trasladarase ao segundo xoves, durante todos os meses do ano, excepto agosto.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén haberá comida elaborada polos alumnos do Ciclo Superior de Cociña e Restauración do IES San Xillao, que farán un menú especial composto por torrada de escalibada con escuma de pementos, tataki de tenreira galega, tartaleta de salpicon de langostino e mango, empanada de millo e xoubas, croquetas de bacallao ao recendo de laranxa e briks de queixo de Arzúa con redución de mencía, todo acompañado dun viño galego Regina Viarum. Tamén, durante o evento, un grupo de música de Lugo acompañará aos asistentes, nesta primeira xornada será o grupo Xass Project.

E como tamén as nenas e os nenos queren saber de literatura, están previstos uns bocatas literarios especiais para eles, aínda que tamén se permitirá a asistencia de maiores. Un escritor ou escritora da chamada literatura infanto-xuvenil comentarán a súa obra e responderán ás preguntas e observacións dos asistentes. Naturalmente, eses días non haberá viño nin cervexa, e o menú será moito máis sinxelo: un bocata de calidade e algo de beber, polo que o escote serán 2 euros. Estes bo-catas literarios están previstos para o mes de xuño.

As entradas poderán mercarse na Biblioteca Municipal da Milagrosa, no Centro de Interpretación da Muralla, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), nas propias librerías participantes e na web entradas.lugo.es

Para unha maior información tamén se poderán consultar as actividades na web www.mihlcatasliterarias.com

Exposición Entre cores e soños - Exposición antolóxica da pintura de Carlos Bóveda
MIHL

Dende o 27 de marzo de 2014 e ata o 20 de xuño de 2014 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición Entre cores e soños - Exposición antolóxica da pintura de Carlos Bóveda, que recolle preto de 80 obras pictóricas do artista galego, coa que se conmemora o 10º aniversario do seu falecemento.

Ademais da exposición, todos os venres ás 18.00 horas haberá unha visita guiada para coñecer mellor a obras e a partir do 1 de maio haberá un día á semana en horario de 16.30 a 20.30 un obradoiro de iniciación á pintura para nenos e nenas e outro día un curso de pinturaterapia para adultos, que impartirá a viúva do artista, Sara Paz Seco.

Carlos Bóveda naceu en Ponte Cesures (Padrón) no ano 1933, e viviu corenta anos en América. Ceramista, escultor e sobre todo pintor, a súa obra, centrada fundamentalmente na memoria da Terra e das súas xentes, é dunha estética especialmente robusta, cunha forza e unhas liñas visuais e coloristas que compartiu con outros grandes artistas galegos coma Laxeiro. Morreu no 2004 en Galicia, a onde retornara dous anos antes sen en realidade tela deixado nunca.

Exposición artística multidisciplinar 8MIHL
MIHL

Dende o 6 de febreiro de 2014 e ata o 6 de abril de 2014 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición artística multidisciplinar 8MIHL.

Baixo o nome de 8MIHL, esta mostra recolle o traballo de oito artistas de diferentes disciplinas e nados en Lugo, que queren descubrir a vangarda artística actual na cidade. Así, Toño de López, Poy, Quique Muruais, Jojo, Miguel Fernández, Guitián, Leandro e La Cosa Gráfica son os artistas que ata o 6 de abril amosarán o mellor dos seus traballos.

A exposición comeza o 6 de febreiro con fotografía de Toño de López e escultura de Poy ata o 20 de febreiro, momento no que comeza o ciclo de Quique Muruais e Jojo (Jorge Alba) ambos con mostra de pintura. A partir do 8 de marzo é o turno de Miguel Fernández e Guitián chegados do mundo do cómic e a ilustración. Finalmente dende o 23 de marzo e ata o 6 de abril serán Leandro e La Cosa Gráfica os que mostren os seus traballo de humor gráfico e multimedia.

Exposición Olería Tradicional de España: Medidas do viño
A obra elixida

O día 15 de xaneiro de 2014 ás 19:00 horas inaugúrase a exposición Olería tradicional de España - Medidas do viño, que estará aberta na sala de exposición temporal ata o 15 de marzo de 2014 no horario habitual do MIHL.

Trátase dunha exposición singular que está composta por un cento de pezas orixinais, algunha delas con varios séculos de antigüidade, perfectamente catalogadas e relacionadas principalmente coas medidas do viño. Esta é a única colección destas características que existe en España e que é propiedade do Equipo Adobe, importantes coleccionistas de olería tradicional, que no 2013 foron finalistas na modalidade de investigación dentro dos Premios Nacionais de Cerámica e que nas últimas décadas levan inventariadas máis de 5.000 pezas de olería.

Ademais aproveitando esta exposición tamén se celebrarán obradoiros de barro para os nenos e nenas que queiran coñecer máis o mundo da olería.

Exposición fotográfica das zonas polares
A obra elixida

Dende o sábado 26 de outubro de 2013 e ata o 31 de decembro de 2013 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición da VIAXE POLAR.

Trátase dunha recompilación de fotografías do Ártico e a Antártida tomadas polo fundador e director do proxecto, Carlos Caraglia. Un fotógrafo ferrolán namorado do xeo que dedicou a súa vida a divulgar a beleza dos polos e a súa rápida deterioración como consecuencia do cambio climático. Inspirado pola odisea de Ernest Shackleton na Antártida, Caraglia propúxose achegarnos os segredos mellor gardados das dúas rexións máis inhóspitas e extremas da Terra. A exposición A VIAXE POLAR é unha oportunidade única para gozalas en gran formato e con todo detalle.

Simon Norfolk. Genocidio, Paisaje, Memoria.
Simon Norfolk. Genocidio, Paisaje, Memoria.

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) presenta, en colaboración co Concello de Lugo, a exposición Genocidio, Paisaje, Memoria, unha importante mostra do traballo realizado polo fotógrafo de prensa, e destacado representante do actual fotodocumentalismo, Simon Norfolk

A mostra inclúe unha seleción de 65 imaxes pertencentes a cinco series fotográficas, que forman parte dun proxecto máis amplio, auténtico work in progress, chamado "Et in Arcadia ego". As fotografías, realizadas tras os atentados do 11 de setembro de 2001, ofrecen unha mirada reflexiva sobre a decadencia e o desmoronamento dos imperios, sobre os lugares en conflicto e os espazos devastados pola guerra. Simon Norfolk plasma en imáxes as paisaxes resultantes da brutalidade e a barbarie da actividade bélica: os campos de batalla, as cidades arrasadas e os desfeitos esparcidos da guerra.

A estrutura da exposición, o deseño do percorrido e a presentación das obras son clave para a correcta percepción e análise do traballo de Simon Norfolk. As cinco series están dedicadas a documentar a devastada paisaxe polos conflitos de Afganistán, Bagdad, Bosnia, Beirut e Israel/Palestina, e teñen unha xenealoxía e execución similar, xerando un discurso de extraordinaria coherencia, no que se delata a necesidade do artista de crear unha imaxinería que axude á construción dunha conciencia que reflexione sobre los conceptos de historia e memoria.

O programa da quinta edición, comezou ás 10.30 horas coa celebración dunha mesa redonda sobre música improvisada, na que intervirán como relatores o investigador da USC Javier Garbayo, a pedagoga especializada en Pedagoxía de Creación Musical da Universidade de Valladolid, Pilar Cabeza, e o artista plástico Jesús Otero Yglesias. Unha vez rematada esta primeira sesión, procederase á inauguración da mostra 25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo.

Comisariada por Xosé Garrido, a exposición estará aberta ao público no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata outubro 2013. O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa produce esta mostra, que xa se exhibiu na Coruña, Barcelona, Córdoba e Almería.

Xosé Garrido. Fotógrafo especializado en arquitectura, patrimonio e etnografía, dende 1995 traballa nun abundante número de proxectos sobre o patrimonio arquitectónico e cultural de Galicia para diversas institucións. Durante os últimos dez anos, viaxou por todo o mundo realizando reportaxes e desanvolvendo diversos trabajos sobre hábitat, sociedad y patrimonio. Ha comisariado varias exposicións fotograficas, entre as que destacan “Espacios”.

‘Conmemoración do Día Internacional dos Museos’

O sábado 18 de maio a Biblioteca Municipal de Lugo celebrou o Día do Museos cun espectáculo de maxia e poesía no MIHL. Tratouse dunha actividade dirixida a nenos maiores de 3 anos que empezou ás 19:30 horas.

Carlos Coira de Matapiollos foi a cabeza pensante deste espectáculo que mestura a maxia coa poesía e que se chama "Abrapalabra". O autor convidou aos nenos a participar activamente no espectáculo, dándolles a palabra para, deste xeito crear cousas marabillosas.

‘25 anos de arte sonora e pedagóxica en Lugo’

Dende o 11 de maio o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle a quinta edición do programa Sons creativos, unha plataforma de intercambio cultural e de creación musical, e a inauguración da mostra 25 anos de Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo, organizado polo Grupo de Creación Sonora da Universiadade de Santiago de Compostela. Así o anunciaron esta mañá a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, e a catedrática da Área de Música da Universidade de Santiago de Compostela e directora do Grupo de Creación Sonora da USC, Inmaculada Cárdenas.

Esta quinta edición do programa ten como título Música improvisada, organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, e que pretende servir de plataforma de presentación das obras realizadas dende a USC, así como de artistas, músicos e investigadores convidados.

Programa

O programa da quinta edición, comezou ás 10.30 horas coa celebración dunha mesa redonda sobre música improvisada, na que intervirán como relatores o investigador da USC Javier Garbayo, a pedagoga especializada en Pedagoxía de Creación Musical da Universidade de Valladolid, Pilar Cabeza, e o artista plástico Jesús Otero Yglesias. Unha vez rematada esta primeira sesión, procederase á inauguración da mostra 25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo.

A quenda de mañá do programa Sons creativos rematou cunha mesa redonda, que se desenvolveu, a partir das 12.30 horas, baixo o título Antecedentes da arte sonora en Lugo 1987-1993: O concerto de campás Sacra Lucus e Revisando Espacio Permeable. Nesta sesión, na que participarán Juan Gil López e Jesús Otero Yglesias, tamén se abordará o Concierto de esculturas sonoras, de 1992.

Os membros do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago, Mónica Álvarez, Arturo Vaquero e Efraím Díaz, así como o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, intervirán como relatores, a partir das 16.30 horas, nunha mesa redonda na que se falará sobre o GCSUS como unha aposta pola improvisación. Ao remate da sesión, todos os asistentes poderán participar nunha visita guiada pola mostra.

O concerto Construír/deconstruír os sons servirá de colofón, a partir das 20.00 horas, e converterase nunha nova peza artística.

25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo

O mesmo día 11 de maio tamén se inaugurou unha exposición de Sons Creativos baixo o nome de 25 anos de Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo e que se poderá visitar ata o 16 de xuño. Trátase de trasnformar o MIHL nun espazo para a arte sonora a través de distintas instalacións musicais e audiovisuais.

Esta exposición permite achegar a todo o público interesado obras compostas polo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), entre as que se atopan obras electroacústicas e propostas audiovisuais, ademais de incluír dous dos antecedentes de arte sonora desenvolvidos en Lugo co apoio da Universidade de Santiago, tales como son o Concierto de esculturas sonoras, do grupo lucense Espacio Permeable, e o concerto de campás Sacra Lucus, de Llorenç Barber.

As obras incluidas na mostra están presentadas en forma de instalacións sonoras ou audiovisuais, acompañadas sempre de información que permita ao espectador comprender o traballo desenvolvido polos artistas ao longo da súa traxectoria.

Ciclo de Música Contemporánea "MIHLsons-XXI"
Sons do MIHL

Nace co obxectivo de crear un espazo que aglutine a artistas procedentes de campos tan diversos como a música instrumental e electrónica, a danza ou a creación audiovisual, dinamizando o campo de acción de diferentes institucións da cidade cun único fío condutor, a arte contemporánea. Neste marco celebráronse catro concertos os días 4, 10, 19 e 25 de maio.

Para esta primeira edición escolléronse catro programas musicais diferentes para cada un dos días de actuación, co fin de conformar unha visión xeral na que se mostren algúns dos principais movementos estéticos que coexistiron dende principios dos anos 60 ata a actualidade, segundo comentou Diego Ventoso. O primeiro dos concertos, co nome de Rock Influence, recolleu cinco pezas na que se uniran diferentes estilos como o jazz, pop ou soul. O concerto do día 10 de maio leva o título de Cinematic Counterpoint, e nela actuou un grupo de danza contemporánea do Conservatorio. O terceiro concerto baixo o nome de Música e Teatro, foi unha representación de Lucía Carro Veiga, no que se contra a través da percusión unha historia. Finalmente, o sábado 25, presentouse un Poema Electrónico, a través da música electrónica e electroacústica.

Exposición EUCEMET “Cemiterios Europeos: Xardíns de almas, Diversidade e Patrimonio”
Expo EUCEMET

Do 6 de marzo ao 30 de abril de 2013.

A exposición Cemiterios Europeos: Xardíns de almas, Diversidade e Patrimonio é un dos resultados tanxibles do proxecto EUCEMET cofinanciado polo Programa Cultura 2007-2013 da Comisión Europea e liderado polo Concello de Avilés en cooperación coa Asociación de municipios de Nebbiu (Norte de Córsega, Francia), o Concello de Nicosia (Chipre) e a ASCE (Asociación Europea de Cemiterios Significativos), presidida por Cemiterios e Crematorios Maribor (Eslovenia).

O obxectivo xeral do proxecto é poñer de relevo a importancia dos cemiterios e das artes funerarias como partes fundamentais do patrimonio cultural e a memoria común, promovendo a súa musealización co fin de amosar a riqueza artística que conteñen ás persoas que os visitan. Iso contribúe á súa conservación, protección e mantemento.

Neste contexto o Concello de Lugo, membro da ASCE e integrante da Ruta de Cemiterios Históricos Europeos, contribuiu á difusión e á comunicación do proxecto mediante un convenio subscrito co Concello de Avilés, incorporándolle á exposición unha parte da riqueza do patrimonio histórico e artístico do cemiterio municipal de San Froilán, depositario do acervo funerario e da memoria histórica da cidade de Lugo. Así puidose ver, ó carón de imaxes de célebres cemiterios europeos (Boloña, Roma, Viena, Maribor, Cracovia, París, Londres...) unha sección diferenciada que resume a nosa Cidade dos Mortos, sempre presente no corazón da Cidade dos Vivos.

A exposición estivo aberta ó público no horario habitual do MIHL: de martes a domingo desde as 17:00 ás 21:00 horas do 6 de marzo ao 30 de abril de 2013.

A exposición que está composta por 91 fotografías de cemiterios europeos, incluido o de Lugo, están distribuidas nos seguintes bloques temáticos:

  • Morte e Escuridade: 9 imaxes
  • Luz:10 imaxes
  • Patrimonio: 27 imaxes
  • Cruces: 20 imaxes
  • Mausoleo de Cabo Córcega: 7 imaxes
  • Vida e Diversidade: 18 imaxes
  • O noso cemiterio (San Froilán, Lugo): 11 imaxes

Estas imaxes están intercaladas con poemas de Luis Pimentel e Rosalía de Castro e compleméntanse coa recreación de tres tipos de sepultura do século XIX típicas da nosa provincia. Outra das novidades coas que conta e que ten unha relación especial coa cidade de Lugo é unha sección sobre ritos funerarios romanos como son a incineración e a inhumación.

Na parte final do percorrido da exposición pódense ver tres audiovisuais relacionados cos ritos funerarios romanos en Lugo, con imaxes de cemiterios europeos e outro sobre o cemiterio de San Froilán.

Culto romano

O culto ós mortos en Lucus Augusti reflíctese, coma no resto do imperio, nas necrópoles. Estas localizábanse fóra dos recintos urbanos, preto das portas da cidade. Os mortos honrábanse coa construción de mausoleos ou tumbas máis modestas, sinalando o lugar cun epitafio gravado en forma de ara ou estela. O enterro contaba cun ritual que remataba coa sepultura das cinzas despois da cremación (incineración) ou coa sepultura do cadáver en foxa de terra (inhumación). En Lucus documéntanse os dous ritos funerarios nalgunhas das necrópoles decubertas (Plaza de Ferrol, Xardín de San Roque, Recatelo, etc).

Conmemoración do XII Aniversario da Declaración da Muralla de Lugo Patrimonio Mundial.

Tivo lugar o venres 30 de novembro de 2012 da man da Concellería de Cultura que programou en colaboración con diferentes asociacións de inmigrantes da cidade unha serie de actividades:

  • 18:30 horas actuación dun grupo de percusión de Djembé da asociación de Senegaleses en Lugo no exterior do MIHL.
  • 19:00 horas apertura da exposición de pintura en tea con técnica de pirogravado baixo o lema Coñeza Perú a través de imaxes peruanas da artista Marlene Poma Meza, expostas na sala denominada cafetería.
  • Mostra de traxes e bailes típicos peruanos a cargo da Asociación de Perú en Lugo.
  • 19:30 horas actuación do dúo musical D’Caché integrado por dúas vocalistas, unha colombiana e unha galega, que interpretaron un repertorio variado de música colombiana (cumbias, rancheras…) e actuación intercalada do humorista colombiano John del Valle.
  • 20:30 horas a actuación de tango&folk e música arxentina de raíz co pianista Juan Carlos Cambas e a soprano lucense Laura Alonso e o grupo Los Santiagueños. Neste caso, o espazo no que se desenvolveu foi na Caixa Negra do MIHL.
Exposición "A obra elixida: artistas galegos dos últimos 30 anos"
A obra elixida

A exposición de Arte Contemporánea coa que o MIHL comezou a súa andaina inaugurouse o día 29 de novembro e supuso un dos grandes acontecementos do panorama artístico galego do ano. Tratouse dunha exposición colectiva dos principais artistas contemporáneos galegos e acolleu obras cedidas polo CGAC e creacións chegadas dende Nova York de artistas como Murado ou Paco Leiro.

A mostra levou por título A obra elixida, artistas galegos dos últimos 30 anos e foron os propios artistas os que escolleron a súa obra, representativa da súa traxectoria, para esta exposición, convertida así nunha antoloxía da Arte Contemporánea galega. A comisaria da mostra foi a lucense Mónica Alonso.

Artistas que participaron foron Jorge Bardi, Manuel Vilariño, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Xoán Anelo, Pamen Pereira, Jesús Otero-Yglesias, Antonio Murado, Salvador Cidrás, Carme Nogueira, Vicente Blanco, Rubén Santiago, Félix Fernández, Amaya González Reyes, Mar Vicente, Rita Rodríguez.