Enviar amigo Imprimir

A asociaciĆ³n

A asociación

                                            A asociación

ALCER LUGO é  unha entidade sen ánimo de lucro que loita por mellorar a calidade de vida dos enfermos renais.

A labor que estamos a desenvolver pódese dividir en cinco grandes áreas de traballo:

  1. Promoción e información sobre a doazón e transplante de órganos, que se realiza principalmente a través das seguintes actividades:

- Día do Donante. (4 de xuño)

- Día Internacional do Transplante. (8 de marzo)

- Conferencias sobre a doazón e transplante de órganos en todas aquelas entidades que o soliciten (asociacións, centros de ensino,etc)

- Mesas para a captación de socios e doantes.

 

  1. Xestión do servizo de taxi para enfermos de hemodiálese, que se fai en colaboración co SERGAS e coa Asociación de taxistas dedicados ao transporte sanitario.

 

  1. Creación e coordinación do Servizo de Atención Integral ao Paciente, que consiste en prestar información de tipo social, psicolóxico e nutricional aos enfermos renais e aos seus familiares.  Na actualidade para este servizo contamos coa colaboración dunha traballadora social e esta prevista tamén levar a cabo un programa de asesoramento nutricional específico que contará coa colaboración dunha persoa experta.

 

  1. Información e asesoramento sobre as enfermidades renais, servizo que se presta a través da distribución de publicacións específicas así como a organización anual das xornadas sobre enfermidades renais.

 

  1. Organización e promoción de actividades de ocio e tempo libre para os enfermos renais e os seus familiares. Na asociación consideramos o factor psicolóxico como un dos factores que máis se deben ter en conta á hora de mellorar a calidade de vida dos enfermos renais, polo que tratamos de fomentar as relacións interpersoais entre enfermos e familiares. Organizamos xuntanzas, excursións, viaxes, obradoiros... Tratamos de promover hábitos de vida saúdables mediante obradoiros de risoterapia, ximnasia, traballos manuais... de xeito que mellorando o noso estado de ánimo de seguro estaremos máis fortes para afrontar a enfermidade.