INICIO | Presentación | Preguntas Frecuentes | Descargas | ¡¡ E LEMBRA !!

AGORA O 010 en Facebook Twitter YouTube


O Servizo de Información Municipal 010 é un novo medio de comunicación e de contacto cos cidadáns. É un servizo moderno e áxil que abre novas vías á comunicación cos cidadáns de Lugo: teléfono, fax e correo electrónico.

Neste servizo, vostede poderá obter información sobre servizos municipais, actividades, actos e programación das diversas concellerías, e sobre os eventos que teñan lugar na nosa cidade. Poderá, así mesmo, dispor da información actualizada sobre como realizar os trámites que precise no Concello. O Servizo 010 recibirá tamén os avisos de avaría, reclamacións e suxestións. Será o servizo de información de referencia no Concello.

Calquera persoa pode chamar, simplemente marcando o número 010 no termo municipal de Lugo, tanto dende teléfonos fixos como dende móbiles de calquera operador. Para chamadas de fóra do municipio, o número será 982 297 350. Tamén pode enviar un fax ó número 982 297 349. Ou enviar un correo electrónico ó enderezo: 010@concellodelugo.org

O custo da chamada é o dunha chamada local, para fax e voz. O e-mail non ten custo se se dispón dunha conexión a Internet.

O horario de servizo é de 8:30 da mañá a 20:30 da noite en días laborables, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.

Fóra deste horario de atención do Servizo 010 está en funcionamento un buzón de voz conectado cos servizos de emerxencia e tamén se poden deixar consultas, que serán atendidas en horario laborable.

Agora o 010 máis accesible a través dun servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración, sendo estas tramitadas coa maior celeridade posible. As consultas poden realizarse a través de distintos medios dispoñibles no Buzón de consultas para persoas xordas.

     pasa o rato sobre os cidadáns e obterás máis información