INICIO | Presentación | Preguntas Frecuentes | Descargas | ¡¡ E LEMBRA !!

¡¡ E LEMBRA !!

:: Pode chamar ó 010, enviar un fax ó número 982 297 349 ou un correo electrónico ó enderezo: 010@concellodelugo.org. Para chamadas de fóra do municipio, o número será 982 297 350.

:: O custo da chamada é o dunha chamada local

:: O horario de atención é de 8:30 da mañá a 20:30 da noite en días laborables, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.

:: Fóra deste horario de atención do Servizo 010 está en funcionamento un buzón de voz conectado cos servizos de emerxencia e tamén se poden deixar consultas, que serán atendidas coa maior celeridade posible en horario laborable.

:: Agora o 010 máis accesible a través dun servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración, sendo estas tramitadas coa maior celeridade posible. As consultas poden realizarse a través de distintos medios dispoñibles no Buzón de consultas para persoas xordas.

:: Pode obter información sobre servizos municipais, actividades, actos e programación das diversas concellerías, e sobre os eventos que teñan lugar na nosa cidade, así como dispor da información actualizada sobre como realizar os trámites que precise no Concello