INICIO | Presentación | Preguntas Frecuentes | Descargas | ¡¡ E LEMBRA !!

SERVIZO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL 010

O SERVIZO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL 010 é algo máis ca un teléfono, aínda que esta sexa a vía principal de comunicación que se empregue; significa abrir ó cidadán a posibilidade de interactuar co Concello dende o seu propio domicilio, dende un telefono fixo ou dun móbil, a través do correo electrónico ou por fax, e poder obter a información que precise para orientar as súas relacións coa administración ou coñecer de primeira man os eventos e novidades que afectan á vida municipal e a si mesmo como cidadán.

A posta en marcha deste novo servizo supón tamén ter establecidos os procedementos adecuados e recompilada a información municipal necesaria, organizada e categorizada para que sexa facilmente accesible, tanto polo persoal dos propios servizos municipais como polos cidadáns, a través dun sistema de xestión de contidos avanzado, que servirá tamén, no futuro, para prover de información á páxina WEB municipal e sentar as bases para os servizos de administración electrónica.

O modelo de traballo é o dun Contact-Center multicanal, no que é posible recibir peticións, escalar consultas ós diversos servizos municipais e realizar o seguimento das peticións dos cidadáns. Así mesmo, é posible responder ó cidadán coa información solicitada por varias vías: teléfono, fax e correo electrónico.

Nun futuro non afastado, os cidadáns poderán identificarse ante o Concello mediante firma dixital e transaccionar de forma directa co Concello, obtendo documentos validados electronicamente. Poderán seguir o estado dos seus expedientes e recibir mensaxes SMS nos seus teléfonos móbiles con servizos de subscrición e avisos de prazos, etc., en todo o termo municipal.