O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN

Un anaco da historia lucense

No ano 2010, coa autoría do poeta lucense Darío Xohan Cabana, o Concello de Lugo editou un libriño que baixo o nome "O noso cemiterio" realiza unha viaxe pola historia dos enterramentos na localidade que abrangue dende o megalítico ata a actualidade.

Supón un paso máis no camiño cara á reconstrución histórica da cidade e á reivindicación do acervo funerario como parte da historia e da cultura local, así como do seu patrimonio histórico.

Inicio - Onde está - Normativa legal - Galería de fotos - Contacto
A súa historia - Visita virtual - Actividades e eventos - Espazo reflexión
Privacidade de datos - Termos legais