Logotipo
Inicio > Novas

Novas

Imaxen asociada a nova

 O Alcalde de Lugo salientou que ante o aumento das persoas en situación de desemprego e a falta de axudas por parte da Xunta de Galicia “o Concello que non é alleo aos problemas vese na obriga de aumentar o presuposto deste plan”.
Imaxen asociada a nova

 O Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo acolle a realización de dúas accións formativas que a Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral organizou dentro do plan AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores e traballadoras desempregados/as) e no que participan un total de 30 persoas en situación de desemprego.
Imaxen asociada a nova

 O Alcalde e a Concelleira de Educación entregaron os diplomas ós participantes nos cursos nun acto que se celebrou no Espazo>Lab
Imaxen asociada a nova

 Na reunión informouse das convocatorias nas que o Concello vai participar para solicitar programas de emprego na cidade. A Concelleira de Economía lembrou que “dende que Feijoo é Presidente da Xunta ao Concello de Lugo non se nos concede escolas-taller a pesares de cumprir cos requisitos”.
Imaxen asociada a nova

 Validacións de módulos profesionais pola acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, indicando que quen teña acreditada unha unidade de competencia que forme parte do Catálogo nacional de cualificacións profesionais terá validados os módulos profesionais correspondentes, segundo se determine na norma que estableza cada título e se recolla na norma pola que se estableza o currículo correspondente.
Imaxen asociada a nova

 Recibiron os diplomas os 32 participantes nos catro obradoiros organizados polo Concello para dixitalizar o patrimonio cultural lucense e ampliar a formación de mozos desempregados.
Imaxen asociada a nova

 Os mozos que teñan unha idea empresarial tamén encontrarán a información necesaria para emprender na UE. A partir desta semana, os mozos españois que busquen formación ou traballo na Unión Europea terano máis doado: as Institucións Europeas en España e a Secretaría de Estado para a UE lanzaron o proxecto "Non me paro. Elixo o meu futuro".
  1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16  
Cooperación
Concello de Lugo