Logotipo
Inicio > Novas

Novas

Imaxen asociada a nova

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participou na presentación que fixo a empresa Decathlon a persoas que aspiran a traballar no novo centro que abrirá esta firma en Lugo.

Módulo formativo 3: Metodoloxía da dinamización comunitaria Duración: 90 horas Asociado á unidade de competencia: Dinamizar a planificación, desenvolvemento e avaliación de intervencións e proxectos comunitarios e de participación cidadá que se desenvolvan entre os diferentes axentes que configuran unha comunidade ou unha zona territorial.
Imaxen asociada a nova

Recuperar o emprego é o obxectivo prioritario da UE. A Comisión Europea, ademais de poñer en marcha as súas propias iniciativas, axuda noutros proxectos que facilitan a busca dun posto de traballo. É o caso do Club do Emprego, un proxecto europeo ao que se incorporou España para asesorar e orientar sobre o mercado laboral a través da rede.
Imaxen asociada a nova

Con data 18 de abril de 2012, pubícanse no Taboleiro de Edictos do Concello de Lugo, as listas das entrevistas curriculares das persoas solicitantes para participar no proxecto europeo de mobilidade LugoQualitas 2.
Imaxen asociada a nova

 No día de hoxe foron publicadas as listas definitivas das persoas admitidas para tomar parte no proceso selectivo do proxecto europeo de mobilidade LugoQualitas 2.
Imaxen asociada a nova

Na mañá de onte realizouse a entrevista curricular escrita para optar a unha das sete accións formativas pertencentes ao proxecto de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e desenvolvido dende Espazo Lab (Centro de orientación laboral do Concello de Lugo).

No día de hoxe, foron publicadas as listas definitivas correspondentes á entrevista curricular por escrito das persoas inscritas na primeira fase do proxecto de inserción sociolaboral, cofinanciado con fondos da Unión Europea, “Lugo Emprego Activo 2”. Nelas especifícanse a data, a hora e o lugar onde deberán presentarse ás persoas admitidas.
  1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16  
Cooperación
Concello de Lugo